miércoles 12/8/20

O cosmopolitismo e o rural únense na II Festa Interior Bruta que se vai celebrar este sábado 12 de setembro en Vilar de Santos

A nova edición do festival contempla a proxección de pezas audiovisuais, concertos e máis actividades de balde.

fib santos
fib santos

    A asociación cultural Os Ghairas organiza unha nova edición do festival audiovisual creado no rural. Levan acadado unha certa traxectoria coa webserie Produto Interior Bruto (PIB) gravada entre a Limia e Ourense. 

Desta volta volven apostar pola Festa do Interior Bruta que vai ter lugar este sábado 12 de setembro en Vilar de Santos e que conta cunha programación variada.

As 12,30 comeza a xornada coa sesión vermuth da man de "Aireada" na Arca da Noe, onde haberá tamén unha exposición sobre a gravación de PIB. Pola tarde as 17,30 terá lugar un curioso encontro deportivo no campo de fútbol sala. Pólíticos e empresarios locais enfróntanse os do faranduelo do PIB e amigos pola disputa da ansiada victoria contra o deporte. Para relaxar a tensión do encontro, as 20,30 vanse proxectar novos capítulos da webserie PIB e a curta "Barlamento" gravada no museo da Limia. As pezas audiovisuais poderán verse no salón de actos do concello.

O festival remata cos concertos de The Phantom Dragsters e Igmic a partir das 22,30 na Praza do Concello. Haberá tamén un mercado onde se poden atopar dende produtos locais ata roupa de segunda man.

Tódalas actividades da Festa do Interior Bruta son de balde.

Dende a Asociación volven apostar por un festival co que queren ensalzar o valor do audiovisual creado no rural e achegalo ó público.

Comentarios