martes 21.01.2020
Verán

"Mascotas" chega ao cinema de verán de Vilar de Santos este domingo

Os máis pequechos da comarca poderán desfrutar en pantalla xigante do filme de animación do momento.

"Mascotas" chega ao cinema de verán de Vilar de Santos este domingo

Este domingo, a partir das 22:00 horas da noite, a Praza do Concello de Vilar de Santos converterase por un par de horas nunha sala de cinema ao aire libre. O cinema de verán de Vilar de Santos volve desta volta cunha das palículas de animación máis taquilleiras do ano: "Mascotas".

Nenos, nenas e familias enteiras poderán achegarse a desfrutar das boas temperaturas e do bo cinema nunha noite de verán organizada polo Concello de Vilar de Santos.