O mercado de artesanía e produtos locais chega a Vilar de Santos

mercado
O mercado de artesanía e produtos locais chega a Vilar de Santos

A Arca da Noe e o forno Faragullas organizan un mercado que terá lugar polas rúas de Vilar de Santos este domingo día 12 e para o que contan coa colaboración do Concello.

A xornada comeza ás 12h coa apertura de postos de artesanía e produtos locais que se van repartir por toda a aldea. A música corre a cargo dun pasarrúas da banda de Trasmiras. A partir das 15h terá lugar unha foliada para que calquera que o desexe acuda co seu instrumento e poida participar nela.

Pola tarde é a quenda para os máis pequenos con xogos de probas a cargo da ludoteca Ludo 3.

Ás 18h terá lugar unha sesión de ioga e o punto e final deste mercado será un concerto de Habelas Hainas a partir das 20h.