viernes 23/10/20

O Museo da Limia acolle unha xuntanza literaria de Galicia e Portugal no I Encontro da Raia

museo

    A xornada do sábado será un día dedicado á cultura no Museo da Limia de Vilar de Santos. As actividades empezan ás 10.30h coa intervención de Artur Alonso Novelhe que falará sobre “A tripla Libertação”. O seguinte en participar é Rhicardo Manuel Ribeiro que dende Portugal compartirá cos asistentes “A Sinarquia – novo modelo social de união com a Lei Natural”.

Pola tarde será a quenda de Joam Evans Pins con  "Couto Misto? O País das 4000 Repúblicas" e pechará as conferencias Xabier Xil Xardón con "Recitado. O telexornal das 19h00."

Dende a organización destacan que haberá tamén un posto de libros dun libreiro de Vila Real, en Portugal. 

A xornada complétase cun concerto de Jairo Mozart e Fred Martins ás 22h na Arca da Noe. Previo ó inicio da actuación terá lugar a presentación de “Diversidade Indígena - Raízes Culturais e Espiritualidade Nativa” por Jairo Mozart ás 20.30h e unha hora máis tarde Concha Rousia. presentará o libro de poemas  "Se Os Carvalhos Falassem".

Tamén haberá espazo para a fotografía coa exposición "Rios da Galiza e Norte de Portugal" de Cultura de Une, que se poderá visitar do 29 de outubro ó 27 de novembro no Museo da Limia. 

 

Comentarios