sábado 31/10/20

Un veciño de Vilar de Santos conducía baixo os efectos do alcohol e sen carné

    A Garda Civil descubriu a R.Q.L de 53 anos mentres conducía baixo os efectos do alcohol na nacional 525 á altura de Sandiás o pasado domingo. 

Os axentes practicáronlle a proba de alcoholemia e deu unha taxa de 0,63 mililitros. Este veciño de Vilar de Santos tiña retirado o carné de conducir de maneira temporal por unha decisión xudicial e pola cal non podía manexar un vehículo ata o ano 2020. 

Segundo informou a Garda Civil, o home xa foi condenado con catro suspensións do permiso de conducir e un ingreso nunha ocasión nun centro de reinserción social por ser reincidente. Agora as forzas de orde estudan a posibilidade de solicitar a incautación temporal do seu vehículo por vía xudicial pola falta de cumprimento das sentenzas xudiciais. 

Por estes feitos podería enfrontarse a penas que van dos tres ós seis meses de cárcere ou multa de 12 a 24 meses. 

 

Comentarios