miércoles 26.02.2020

Vilar de Santos acolle unha nova edición do Mercado de Artesanía e Produto Local

Vilar de Santos acolle unha nova edición do Mercado de Artesanía e Produto Local

    Vilar de Santos presenta unha nova edición do Mercado de Artesanía e Produto Local. A Arca da Noe e o forno tradicional Faragullas organizan este evento en colaboración co Concello de Vilar de Santos que terá lugar este domingo 16.

A xornada dará comezo ás 11h cunha saída micolóxica polo monte da contorna acompañados dun profesional da Sociedade Galega de Historia Natural. Dende a organización agardan que a previsión de choiva non sexa motivo de suspender dita actividade. 

O mercado abrirá as súas portas ás 12h con 26 postos inscritos entres os que hai produtos alimentarios, cervexa artesá, licores ecolóxicos ou artesanía entre outros moitos.

Ás 14h terá lugar unha foliada para animar o evento e un pouco de pulpo da man do Pucho para recuperar forzas logo do baile.

Pola tarde Paula Miranda será a monitora encargada de atender ós máis cativos con xogos tradicionais e populares ás 16h. A xornada rematará co concerto da brasileira Katya Teixeira que actúa por primeira vez en Galicia. 

Comentarios