miércoles 26.02.2020

Vilar de Santos festexa o II Festival do Maior

Vilar de Santos festexa o II Festival do Maior

    A veciñanza de Vilar de Santos celebrou o II Festival do Maior enmarcado no proxecto comunitario "saber envellecer". O acto tivo lugar no salón mutitusos do Concello e nel participaron usuarios e traballadores do Centro de Día-Vivenda Comunitaria, así como numerosos asistentes.

A xornada estivo repleta de actividades musicais como a actuación da coral "As Bolboretas", creada polos usuarios do Centro de Maiores, e as sesións de bailoterapia e coreografía. Celebrouse un desfile de moda cunha colección de complementos creados polos maiores e abriuse unha exposición de lenzos feitos tamén por eles, entre outras propostas.  

O festival rematou coa entrega de diplomas ás persoas que participaron nos diferentes obradoiros e entregáronse uns agasallos ós colaboradores. 

“Saber envellecer" é un proxecto comunitario cunha periodicidade semanal e cunha ampla programación que inclúe ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, psicomotricidade acuática na piscina, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade cos obxectivos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde. Estas actividades están impartidas e dirixidas polo equipo interdisciplinar do Centro de Maiores de Vilar de Santos en colaboración co Concello.

Comentarios