martes 20/10/20

Vilar de Santos gaña a batalla contra Gas Natural Fenosa sin ningún apoio

A devolución tivo lugar nun acto de conciliación sin necesidade de ir a xuicio

vilar-santos-1
vilar-santos-1

O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, anunciou onte a victoria ante a batalla contra Gas Natural Fenosa. Logo de máis dun ano de loita, o Concello logrou cobrar os 45.949,62 euros que a compañía cobrara demáis durante cinco anos.

A pesar do logro, o concello non está conforme e, polo tanto, vaille reclamar a Fenosa os intereses xerados pola deuda. O alcalde vaise dirixir a Xunta para pedirlle que exixa a compañía eléctrica unha compensación para o seu concello, e para todos os que tamén se viron afectados por sobrecostes.

Sin embargo, Vilar de Santos tivo que loitar só contra esta inxustiza posto que a Xunta, Consumo, Fegamp e o Parlamento non o axudaron. Ademáis, Jardón presentou unha reclamación ante Consumo,fai máis de un ano, pero non obtivo resposta algunha.

 

Comentarios