miércoles 01.04.2020
O ALCALDE DE VILAR DE SANTOS CRITICA A “INACCIÓN” DA XUNTA NA FACTURACIÓN INDEBIDA DE FENOSA AO CONCELLO

VILAR DE SANTOS RECLAMALLE A FENOSA 4 ANOS DE COBROS "INDEVIDOS"

Xan Jardón pide para o seu Concello a devolución dos 5 anos que considera que lles adebeda Gas Natural – Fenosa por unha sobrefacturación

Xan Jardón pide para o seu Concello a devolución dos 5 anos que considera que lles adebeda Gas Natural – Fenosa por unha sobrefacturación na prestación do servizo de suministro de enerxía eléctrica, e denuncia a falta de resposta das institucións ante as súas reclamacións.

O alcalde de Vilar de Santos e secretario local de Compromiso por Galicia nesta localidade , Xan Jardón, compareceu ante a prensa esta mañá para denunciar a “inacción das institucións” ante a reclamación presentada por este concello no Instituto Galego de Consumo contra “a estafa “ de Gas Natural Fenosa, quen cobrou “20% máis por cada ano” de uso de enerxía reactiva durante 5 anos.  O pasado mes de marzo, o Concello fixo una reclamación en Consumo, pero en Vilar de Santos “aínda estamos agardando pola resposta”, di Jardón.

Segundo o alcalde, “Fenosa recoñeceu fraude na facturación e no mes de marzo fixo a devolución dun ano de facturación baseándose nun informe non publicado no BOE”. Pero, para Jardón “é insuficiente”, pois pide os 4 anos de devolución restantes, é dicir, “arredor de 33.000 euros”. A compañía “abusa da posición dominante” e desde as institucións “non nos protexen”, dixo.

Sen acceso ao expediente sancionador.

Por outra banda, o rexedor de Vilar de Santos destacou o feito de que desde o Concello non puideran acceder en todo este tempo, “xa un ano”, ao expediente sancionador que a Consellería de Economía e Industria abriu a Gas Natural-Fenosa. Ademais, o Concello non recibiu resposta ningunha nas diversas ocasións que, segundo o rexedor,  ten requerido personarse na causa.

No mes de abril, o Concello de Vilar de Santos recorreu á Mesa do Parlamento de Galicia para solicitar a comparecencia do alcalde para instar á Comisión Nacional de Enerxía a actuar. Sen embargo, desde a Mesa a cuestión aos grupos parlamentarios, “ que non fixeron nada por pedir a miña comparecencia”, lamentou Jardón. Tras esta negativa, o alcalde recorreu directamente á Comisión de Enerxía, quen se escusou na falta de competencias no ámbito.

O caso do Concello de Coles, que recibirá a devolución dos 5 anos.

Jardón recordou a recente sentenza que favoreceu ao Concello de Coles no mesmo caso. Data do mes de outubro e recoñece que se lle devolvan 5 anos de facturación indebida xa que “como o informe de Fenosa non está publicado no BOE, non ofrece seguridade xurídica”. 

Comentarios