martes 11/5/21
NOTA DE PRENSA

VILAR DE SANTOS REMATOU A RENOVACION E MELLORA DE CAMIÑOS

O Concello de Vilar de Santos finalizou varios proxectos incluídos nun amplo Programa de Infraestruturas

O Concello de Vilar de Santos finalizou varios proxectos incluídos nun amplo Programa de Infraestruturas

V.SANTOS2

O Concello de Vilar de Santos finalizou varios proxectos incluídos nun amplo Programa de Infraestruturas con diversas actuacións de renovación e mellora viaria e conservación e protección do medio rural e natural en todo o municipio no que se investiron 109.724,86 euros. 

Cun orzamento total de 83.454,89 euros, executouse un Proxecto de mellora de camiños rurais, incluído dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Este proxecto significou a mellora nun total de 17 Km da rede municipal de camiños agrícolas da concentración parcelaria e outros camiños de acceso. Un total de 24 camiños nos pobos de Laioso, Bréixome de Arriba, Bréixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro, Castelaus, As Casas da Veiga e Vilar de Santos. Con obras de nivelación e acondicionamento das pistas con zahorra e posterior limpeza de cunetas para evitar os encharcamentos e desbordamentos.

Na zona de Rede Natura do concello investironse un total de 6.269,97euros nun Km mais de camiños nunha actuación dirixida á mellora da paisaxe agraria coa limpeza e restauración das pistas de acceso ás fincas desta zona do río Limia.

Estas actuacións son fundamentais tanto desde o punto de vista de mellora e renovación das infraestruturas como desde a actividade agraria e sumase ao arranxo e mellora de 19 Km de camiños feitos o ano pasado 2014.

Con este programa bianual de mellora, quedaron reparados e renovados 37 Km de camiños, practicamente a totalidade da rede municipal de camiños agrícolas fundamentais para facilitar o tránsito e o acceso ás fincas, granxas e outras instalacións  pero tamén para tratar de previr os efectos negativos do encharcamento de auga nos camiños e nas terras de cultivo e manter  a actividade e dinamismo no sector agrogandeiro, estratéxico para o concello.

Incluído, tamén se realizou un proxecto de renovación da pavimentación asfáltica na rede viaria en varios pobos, por un importe de 20.000 euros.

Ademais destes proxectos van comezar outros traballos de recuperación de camiños tradicionais, o desbroce e limpeza en todos os pobos e espazos públicos e a limpeza dos regatos e desaugadoiros do concello ao longo do verán.

Comentarios