miércoles 26.02.2020

Vilar de Santos rexistra un tremor de terra de 3,1 graos

Vilar de Santos rexistra un tremor de terra de 3,1 graos

    Vilar de Santos rexistrou esta madrugada un terremoto de 3.1 graos. Segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional a actividade sísmica produciuse esta noite arredor das 3h da mañá.

O tremor de terra produciuse a uns 15 quilómetros de profundidade. Os seus efectos percibíronse mesmo na Saínza. 

No mes de agosto tamén se rexistrou un terremoto en Rairiz de Veiga de menos intensidade, de 2,2 graos.

Comentarios