miércoles. 06.07.2022

Hoxe 3 de xuño ábrese o prazo de preinscrición ao campamento de verán do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos entre 3 e 14 anos. O programa executarase de luns a venres entre o 27 de xuño e o 2 de setembro. A actividade será gratuíta para empadroados, e terá un custe de 30€/mes ou 20€/quincena para non empadroados.

INSTRUCIÓNS PARA O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

1º) Dende hoxe habilítase un formulario de preinscrición que permanecerá aberto ata as 23:59h do día 14 de xuño na seguinte URL: https://forms.gle/wKMmWcRtLSWp8Ka27.

2º) Pasado ese período publicarase na web https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.

3º) Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula.

MÁIS INFORMACIÓN: [email protected]