Visita de alumnos a Carballa da Rocha en Rairiz

1396256308073
Visita de alumnos a Carballa da Rocha en Rairiz
Organizado polo GDR Limia-Arnoia

Mañá martes, día 10 de maio, as alumnas e alumnos de 4º de Edu-
cación Primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz visitarán diversos espazos situados ao sureste da Reserva da Biosfera de Allariz.
En concreto, ás 09:30 horas sairán do centro educativo para dirixirse ao Museo da Limia onde realizarán unha visita guiada e terán a oportunidade de asistir a unha demostración en vivo sobre o liño. A súa chegada está prevista para as 10:00 horas.

Ao longo da mañá tamén visitarán as Veigas de Ponteliñares, o observatorio de aves e a Carballa da Rocha.
Esta é unha actividade incluída no marco das xornadas “Son Reserva” organizadas pola Reserva da Biosfera da Área de Allariz e o GDR Limia-Arnoia e na que participan o CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga. Estas xornadas teñen como finalidade que o alumnado coñeza os principais recursos e valores da Reserva da Biosfera da Área de Allariz