15 CENTROS ESCOLARES CONFIRMARON A SÚA ASITENCIA

32
15 CENTROS ESCOLARES CONFIRMARON A SÚA ASITENCIA

Un total de 15 centros escolares e grupos amateurs de toda a provincia confirmaron a súa participación nos XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur que anualmente se celebran no Concello de Bande. Este evento conmemora o 17 de maio, Día das Letras Galegas. As obras presentadas han de estar escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

Os escolares pertencentes aos centros colaboradores, CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis, levan meses involucrados nesta actividade, pois son partícipes directos deste certame coas súas respectivas obras teatrais \“O oso que non o era\” e \“O pauto e sucesos\”.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns día 18 de maio ás 10:00h. no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo