lunes 06.07.2020

365 días de goberno cuatripartito en Xinzo

Fai hoxe un ano desta foto

elvira 1

Fai exactamente un ano que Elvira Lama se converteu na primeira alcaldesa da historia de Xinzo, nun acto multitudinario, cun salón de plenos repleto de veciños e veciñas, que non quixeron perder o momento histórico que estaba a acontecer na nosa vila.

Durante os días previos, todo eran especulacións sobre si o PSOE lograría un pacto coas outras forzas, chamadas de esquerdas, para acadar a alcaldía. Por fin o 15 de xuño  Elvira Lama lograba proclamarse alcaldesa de Xinzo cun discurso que nas súas liñas principais falaba de xestión, transparencia, inversións e futuro prometedor para o comercio, a agricultura e a industria de transformación.

Esta semana iremos publicando  as opinións dos diferentes líderes dos partidos de goberno e oposición. A opinión dos veciños pretendémola pulsar coa enquisa que colgaremos no noso xornal a partir de mañá as 09:00 e que permanecerá 48 horas, para que o que queira poida valorar estes primeiros 365 de goberno cuatripartito en Xinzo.