miércoles 28/7/21

ADEGAL recibe 40.000 de subvención da Deputación Provincial

Serán  destinádos a proxectos no presente ano.

A Deputación tamén acordou o prezo da matrícula do campamento “Music-Camp” 2021 en 150€

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

A Deputación aproba preto de 759.000 euros en axudas para entidades sociais e cooperación

Entre os asuntos da orde do día destaca a resolución do concurso para a concesión de subvencións a proxectos sociais por un importe próximo aos 255.000 euros que beneficiará a 58 entidades.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou hoxe a concesión de preto de 759.000 euros en axudas para entidades sociais e cooperación, tanto cos concellos como con asociacións e colectivos de diversos ámbitos. Entre os asuntos que figuraban na orde do día destaca a resolución do concurso público para a concesión de subvencións con destino a proxectos de servizos sociais, que cun importe próximo aos 255.000 euros beneficiará a 58 entidades para desenvolver, entre outras, iniciativas relacionadas coas persoas en situación de necesidade no medio rural, programas de emerxencia pola covid-19, atención á muller e a infancia, envellecemento, discapacidades físicas e psíquicas, apoio ao emprego, conciliación familiar ou migrantes.

Polo que respecta á colaboración con entidades e colectivos, aprobáronse seis subvencións por importe de 146.000, dos cales 40.000 euros destináronse á Asociación de Empresarios Gandeiros e Agricultores da Limia para proxectos no presente ano