viernes 26/2/21
Axudas de tan solo 300 €

De 80.000 € que prometeu o concello de Xinzo , solo repartiu 25.000, segundo di o P. Popular

A Xunta reparte 233 mil € entre a hostalaría do noso concello  e das arcas municipais só saen 25 mil € para todo o sector empresarial. De 80 mil € só se reparten 25 mil € en axudas de 300€.

Grupo popular
Grupo popular (foto arquivo)

Nota de prensa do grupo Popular de Xinzo:

Cómo é posible que as axudas da Xunta cheguen a máis de 140 hostaleiros e as axudas do Concello de Xinzo de Limia só cheguen a 84 autónomos?

A Xunta reparte 233 mil € entre a hostalaría do noso concello  e das arcas municipais só saen 25 mil € para todo o sector empresarial. De 80 mil € só se reparten 25 mil € en axudas de 300€.

O Grupo Municipal Popular leva reclamando e solicitando axudas, compensacións de recibos, rebaixas fiscais ou troco de ordenanzas dende o inicio desta pandemia, dende finais de marzo do 2020 ata hoxe, con solicitudes, mocións ou peticións nos plenos ou nas comisións Covid.

O noso sector económico está a sufrir unha crise sen parangón, o Concello debe ser o primeiro en tomar decisións económicas en axuda da veciñanza. Neste e outros temas vai sempre a remolque, deixando no desamparo á cidadanía. Moi distinto de como o queren mostrar nos titulares e nas fotos de prensa e nos discursos das RRSS.

O Grupo Municipal Popular escoitou e escoita a hostaleiros, comerciantes, agricultores, gandeiros, autónomos da construción, feirantes, perruqueiras, esteticistas, músicas, artistas, academias, ... todos eles que suman máis de 500 autónomos; e as axudas municipais só chegan a 84!!!

O Concelleiro de Economía e Facenda, agora que ten supersoldo pola  dedicación de 20h semanais, cun custe ás arcas municipais de 29 mil € anuais; se poña as pilas e pense onde erraron nas bases de solicitude das axudas.

Alcaldía e Grupo de Goberno ten que convocar o pleno e aprobar a moción presentada polo Grupo Popular de 1 millón de € en axudas; axudas que teñen que chegar a todos; tendo en conta que restricións teñen, o volume de negocio ou empleados contratados.

Deixen dunha vez o “vendo que fago moito, cando non fago nada”, non pensen só en vostedes que para por soldos e crear chiringuitos estiveron listas e raudos.