domingo 29.03.2020

A poetisa franco-siria Maram Al-Masri estivo no IES Lagoa de Antela

O recital foi o acto principal de peche do trimestre
A poetisa  franco-siria Maram Al-Masri estivo no IES Lagoa de Antela

Onte 18  de decembro, para pechar o trimestre, o IES Cidade de Antioquía recibiu á poeta franco-siria Maram Al-Masri. O encontro foi especialmente emotivo posto que nel confluíron culturas, linguas e emocións. Ao acto asistiu o alumnado do instituto, pero tamén mulleres do colectivo árabe da Limia que foron convividadas polo centro de ensino. E é que desde un inicio o recital de Al-Masri foi entendido coma un encontro de fraternidade coas culturas que enriquecen a nosa sociedade limiá.

poetisa 1Maram Al-Masri é unha da voces poéticas femininas máis representativas da literatura árabe actual. Hoxe en día reside en París, a onde chegou exiliada no ano 1982, e onde traballa como profesora de Literatura inglesa. O éxito da súa poesía vese reflictido nas numerosas traducións dos seus poemarios orixinalmente escritos en árabe ou francés e que foron traducidos a oito linguas. Ao castelán ten traducidos oito libros, o último do ano 2018 titulado Desnuda va la libertad.

A poesía de Maram Al-Masri fala de liberdade, da dor, do exilio, do amor, da loita da muller e do ser humano por sobrevivir. Estes temas universais son cicelados en poemas aparentemente sinxelos que, non obstante, encerran unha enorme complexidade de pensamento e un infinito compromiso coa loita pola dignidade.

Os poemas de Al-Masri postos na súa voz emocionaron ao auditorio. Tamén provocaron un intenso sentimento os pequenos vídeos que ía intercalando coas súas composicións. Neles a autora presentábanos imaxes que nos achegaban á destrución do seu país, Siria, e, sobre todo, amosaban o horror que está a vivir a infancia nese contexto de guerra.

Sen dúbida, os sesenta minutos que durou o recital  permanecerán na nosa retina durante moito tempo porque foi un exemplo de interculturalidade, de compromiso social e de solidariedade.

A poetisa franco-siria Maram Al-Masri estivo no IES Lagoa de Antela