martes 11/5/21

Aberto o prazo para participar no XIII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil

O premio será de 3000€ para as dúas modalidades

puradoraxii

    Os autores e autoras que o desexen poderán participar no certame que quere fomentar a lectura entre os máis cativos e os máis mozos e resaltar, ó tempo, a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.

Os textos que se presenten teñen que estar escritos en galego e teñen que ser inéditos e totalmente orixinais. A temática é libre e terá que ser adaptada para o público infantil ou xuvenil. A extensión mínima é de 25 páxinas, máximo 100, formato A4, tipo de letra Times New Roman e o tamaño 12.

A presentación das obras orixinais pode facerse no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense. Deberán entregarse seis copias asinadas cun pseudónimo nun sobre pechado. As pezas escritas poden presentarse ata o 31 de decembro.

O gañador ou gañadora do XIII Premio Pura e Dora Vázquez vaise coñecer no 2016. O xurado estará composto polo presidente da Deputación e catro vogais escollidos en distintos ámbitos da cultura galega. O premio está dotado de 3000€ para as dúas modalidades.

Para obter máis información sobre o galardón e sobre os requisitos pode consultarse o seguinte enderezo   https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=214&fecha=20150917

Comentarios