viernes 5/3/21

Acordo total entre Montse Lama e Manuel Baltar

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a deputada Montserrat Lama amosan "acordo total" para cooperar e dar estabilidade ao goberno provincial.

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Montserrat Lama Novoa acompañados polo VicePresidente da Deputación Ourense, Plácido Álvarez Dobaño.
Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Montserrat Lama Novoa acompañados polo VicePresidente da Deputación Ourense, Plácido Álvarez Dobaño.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co voceiro do grupo de goberno da institución provincial, Plácido Álvarez, e coa deputada provincial non adscrita, Montserrat Lama, xuntanza de traballo na que se analizaron os temas que van ser obxecto das comisións informativas e do pleno do presente mes de febreiro. "Esta cooperación –valora Manuel Baltar- garante a estabilidade ata o final do mandato e aglutínase nunha expresión: "Por Ourense", que se traduce en estabilidade, rigor e traballo ben feito, partindo sempre dun diálogo que se ofreceu a todos os grupos, a todos os deputados, e para o cal Montserrat Lama soubo estar á altura das circunstancias", expresa o presidente Baltar.