Actuación urxente nun tramo de Curros Enriquez

Foto 1(1)
Actuación urxente nun tramo de Curros Enriquez
O PP solicita ao goberno local que actúe urxentemente nas obras que realizou sobre o tramo a esquerda da rúa Curros Enriquez dirección Baronzás

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Xinzo de Limia, presentara no seguinte plenario unha mocion para que o Cuatripartito actúe urxentemente nas obras que realizou sobre o tramo a esquerda da rúa Curros Enriquez dirección Baronzás, entre o número 67 (entronque coa rúa Sarxento Rodríguez) ata o número 79 (entronque coa rúa Marcelo Macías), para solucionar as graves deficiencias observadas en estas obras, que están causando moitas molestias e mesmo prexuízos a veciños, transeúntes e vehiculos, e que empeoraran coa chegada da época invernal.

Foto 1(1)
Foto 1(1)

Anteriores gobernos municipais do Partido Popular foron axeitando a súa humanización mediante a renovacion, tanto das beirarrúas, como do mobiliario, iluminacion e saneamento, asi como do firme da propia calzada, no tramo comprendido entre o inicio da rúa no enlace da Estrada Nacional 525 e o cruce coa rúa San Sebastián.

Este ano ano 2022, o Goberno Cuatripartito a través dos fondos dos Plans Provinciais da Deputación de Ourense, executou outra fase da beirarrúa e arquetas de recollida de pluviais no mencionado tramo.

As obras neste tramo trouxo como consecuencia o enfado dos veciños/as afectadas nesta marxe, ó considerar pésima a execución das obras de reposición das arquetas de recollida de pluviais tanto en referencia ó número das mesmas como no que atinxe a súa inclinación para recoller as augas.

Por todo elo consideramos urxente a subsanación das deficiencias observadas pola incorrecta execución das obras na rua Curros Enriquez

Esta situación deu lugar a aparición de grandes fochancas e, como consecuencia das mesmas, os veciños/as ven como os seu portais e baixos son salpicados co paso do vehículos, e mesmo os viandantes teñen que coidarse para non acabar empapados e coas roupas emborcalladas.

Pero tamén, o propio entronque coa rúa Sarxento Rodriguez no nº 2, fíxose unha prolongación da beirarrúa para marcar, entendemos nós, o paso de peóns, invadindo parte da calzada e poñendo en grave risco ós peóns ademais de causar series dificultades ó tráfico rodado cando se cruzan dous vehículos circulando en distinto sentido; Proba palpable desta situación, é o sinal vertical que sinaliza dito paso e que xa está dobrado polo impacto dalgún vehículo.