sábado 31/10/20

Agora si chega o S.Roque

Xa está na rúa dende esta mañá o cartel anunciador da festa

CARTEL S. ROQUE
CARTEL S. ROQUE

Poucas novidades para este ano na festa da rúa e praza que leva o nome do Santo.

A mañá dende as 12, pasarruas a cargo  dos GAITEIROS DA LIMIA.

A partir das catro da tarde festa da espuma con animación musical e o grupo SAUDETER porá en funcionamento o TORO MECANICO. Para poder participar desta atracción hai que ter invitación que se ven entregando en tódolos establecementos  do barrio con compras nos mesmos, totalmente gratuíto.

As 19:00 haberá a misa coa procesión do Santo a partir da praza S.Roque.

A festa musical comezará as 20:00 coa actuación do xa tradicional desta  festa o TRÍO SEVILLA.

Haberá un descanso para participar na CEA POPULAR amenizada por NITO. Os tikets para a cea, xa están a venda no Bar Bodegón da propia praza, e a festa continuará de novo coa actuación do trío ata altas horas da madrugada.

Comentarios