Agrupación transfronteiriza para xerar proxectos e captar fondos europeos para a “Raia Seca” e o Gerês-Xurés

Sinatura da Declaración Conxunta para a constitución da AECT da Raia Seca e Gerês-Xurés
Agrupación transfronteiriza para xerar proxectos e captar fondos europeos para a “Raia Seca” e o Gerês-Xurés
Estará composta polos concellos e cámaras da Raia Seca e Xurés-Gerés e como promotora a Deputación Provincial de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na localidade portuguesa de Arcos de Valdevez na sinatura dunha declaración conxunta, apoiada por 22 entidades locais e supramunicipais (catorce da provincia ourensá e oito do norte luso), para a constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) na Raia Seca e a Reserva Mundial da Biosfera Gerês-Xurés. Un instrumento de colaboración transfronteiriza “no que a Deputación de Ourense porá o mellor de seu: disposición para traballar en común e capacidade de interrelación a calquera nivel con outras institucións, coa vontade de que este sexa un dos mellores exemplos de cooperación territorial en Europa”, afirmou o presidente do goberno provincial.

-14.30 horas (15.30 horas en Galicia): Sinatura da Declaración Conxunta para a constitución da AECT da Raia Seca e Gerês-Xurés.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa no acto de firma da Declaración Conxunta para a constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) na Raia Seca e a Reserva Mundial da Biosfera Gerês-Xurés. No acto tamén participan representantes municipais e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, o presidente da Cámara Municipal de Arcos de Valdevez, Joao Manoel Estevez; o presidente do CIM Alto Miño, Manoel Batista Calçada;a secretaria do estado de Portugal, para o desenvolvemento rural,  Isabel Ferreira; o presidente da comisión para e desenvolvemnteo rural do Norte de Portugal, Antonio Cunha e tódolos alcaldes e alcasldesas asinantes da declaración. Lugar: Sala Nobre da Câmara Municipal dos Arcos de Valdevez.
Manuel Baltar dirixíndose aos membros da asociación constituinte

O acto de sinatura do documento desenvolveuse na Cámara municipal de Arcos de Valdevez, onde o seu presidente, João Manuel Esteves, exerceu como anfitrión acompañado por Manoel Batista, presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, e o propio Manuel Baltar, así como tamén coa presenza dos representantes das entidades asinantes. Na clausura do acto interviñeron a secretaria de Estado de Desenvolvimento Regional, Isabel Ferreira, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo.

Un territorio continuo cunha longa e frutífera historia de colaboración

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) na Raia Seca e a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés estará liderada pola Deputación na parte ourensá, acompañada polos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios, Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños, Cualedro, Oímbra e Monterrei. Portugal estará representada polos municipios de Montalegre, Terras de Bouro, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço, así como as comunidades intermunicipais do Alto Minho, Cávado e Alto Tâmega.