sábado 8/8/20
Non entende o interese do alcalde de V. de Barrio por levar a xestión,cando sempre o fixo Sarreaus, e por certo sempre moi ben

O alcalde Trasmiras di que a concelleira do BNG non di a verdade

O que non se pode é manipular a verdade para recoller rédito político
Casa_do_Concello_Trasmiras
Casa_do_Concello_Trasmiras

Emilio Pazos, alcalde de Trasmiras responde as declaracións de María del Mar, representante do BNG no seu concello, con respecto ao obradoiro, que segundo di Emilio aínda está pendente da resolución dun recurso de reposición, que el e todos os alcaldes implicados entenden que vai a ser favorable aos intereses dos concellos respectivos, Sarreaus, Vilar de Barrio, Sandiás, Xinzo e o propio Trasmiras.

NON ENTENDE PORQUE O ALCALDE DE VILAR DE BARRIO SE OFRECEU PARA LEVALO EN REPRESENTACIÓN DOS OUTROS PORQUE NOS ÚLTIMOS 14 ANOS SEMPRE O FIXO O DE SARREAUS

trasmiras_aComeza dicindo que se tramitou  un obradoiro conxunto. Nunha primeira reunión de todos os concellos, non sei por que o alcalde de V. De Barrio, pediu xestionar el este obradoiro. En principio é raro,posto que o concello que xestiona ao grupo, se hai que adiantar cartos ten que facelo, por iso nos pareceu raro, pero como Sarreaus aínda esta xestionando o anterior, pareceunos ben.
Para ter mais puntuación nos, (Trasmiras) quixemos incluír actuacións  no camiño de Santiago. Intentamos meter as areas recreativas de Lobaces e Zos. O  problema xurdiu a hora de solicitar  a documentación da autorización por parte dos veciños para facer as actuacións. Non solo pediron a autorización dos veciños, que xa a temos, se non que era preciso unha cesión para 25 anos e isto era imposible no pouco tempo que nos daban. Comunícolle a secretaria  e decide mandar unha certificación a V.de  Barrio para que exclúan eses pequenos proxectos do proxecto global presentado polo noso concello .Séguese mantendo o resto do proxecto.

CHARLA COA REPRESENTANTE DO BNG

Pasados uns días as portas do concello a representante do BNG pregúntame, pola tarde, que por que se perde o obradoiro que engloba a todos os concellos citados, a o que lle contesto que non se perdeu nada. Pode haber una notificación previa, por ausencia de notificación... pero mañá pola maña podes pasar polo concello e a secretaria e os funcionarios daranche toda a información do caso que necesites.

Hai un recurso feito ante Santiago polo que se solicita que se deixe fora eses proxectos pequenos e que así siga o proxecto total, tanto de Trasmiras como dos resto dos concellos.

Loxicamente a resolución do recurso retrasouse polos problemas de ralentización por mor do Covid, pero nada máis. Maria do Mar Alonso 2

SORPRENDIDO polas declaracións no dendealimia

Emilio continúa manifestando quedei cuadriculado, cando vin onte estas declaracións de María do Mar. Como se pode faltar a verdade desta maneira, cando  ela mirou a información toda?. Eu o mesmo día desa conversa soliciteille a Secretaria do Concello de V. De Barrio que me mandara toda a información correspondente ao recurso para poder ensinarlla en calquera momento que o solicite, e saiba como vai o expedente.

Si ela non se fiou da palabra e da documentación que se lle ensinou, que veña ao concello e a volva a mirar.

O que non se pode e faltar a verdade nunhas declaracións públicas, enganando aos veciños, non solo de Trasmiras, se non a todos os da comarca.

Todos estamos tratando de que isto se solucione. Antes de falar tiña que vir polo concello para ver datas e documentos.

O que non se pode é manipular a verdade para recoller rédito político. Como se soe dicir é que a mentira ten as patas moi cortas.

O que nos piden  son  as certificacións de cesión por 25 anos, como non as podemos conseguir, solicitamos que se saquen eses tres proxectos do xeral e iso é o que estamos esperando.