viernes 5/3/21
Árbores da Limia

Alexandra Fernández, deputada de En Marea, apoiou a defensa das árbores da Limia

"Amadriñar, entre todas, as árbores da Limia para que non talen recordos, vida e patrimonio." deixou escrito Fernández

18157435_10211285629353123_8511593460237535266_n
A deputada, Alexandra Fernández, sostendo o cartel en defensa das árbores da Limia no interior do Museo da Limia.

A deputada de En Marea no Congreso dos Deputados, Alexandra Fernández, amadriñou publicamente as árbores da Avenida de Celanova de Xinzo de Limia. O xesto foi realizado no marco da celebración do "Encontro de escritores e escritoras" no Museo da Limia no mediodía de onte, sábado. O encontro fóra programado na honra de Carlos Casares e a deputada estivo presente no mesmo achegando publicamente o seu apoio á Plataforma en Defensa das Árbores da Limia.

"Amadriñar, entre todas, as árbores da Limia para que non talen recordos, vida e patrimonio." deixou escrito Fernández no seu perfil da rede social Facebook.

Comentarios