miércoles. 06.07.2022

Alimentos baixo a marca Reserva da Biosfera

O GDR Limia - Arnoia elavorará menus con alimentos baixo a marca Reserva da Biosfera no comedor do CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui de Rairiz
Visita alumnado de Rairiz ao Museo da Limia
Visita alumnado de Rairiz ao Museo da Limia

O luns e o martes da próxima semana (o 30 e o 31 de maio) a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga participará nunhas xornadas organizadas polo GDR Limia-Arnoia nas que se elaborará un menú escolar a base de productos locais e ecolóxicos coa marca “Reserva da Biosfera”. “O que pretendemos con este programa é que as alumnas e os alumnos coman o que se pranta cerca das súas casas e coñezan a gran cantidade de produtos ecolóxicos e de calidade que temos no noso territorio”; sinala Eva González, coordinadora do GDR Limia-Arnoia.

cabeceira web 3
cabeceira web 3

Durante as xornadas elaboraranse, baixo a supervisión dunha nutricionista, os menús do vindeiro curso académico 2022-2023. Este é un proxecto de cooperación entre nove Grupos de Desenvolvemento Rural galegos que ten como obxectivo o impulso das marcas propias e a marca nacional Reserva da Biosfera como estratexia para mellorar a calidade destas producións e contribuír así a mitigación do cambio climático mediante o fomento do consumo en circuitos locais. Ademáis da promoción dos produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares, este proxecto contempla diversas accións encamiñadas a que as empresas da zona se incorporen á marca Reserva da Biosfera e tamén inclúe actuacións dirixidas a mellorar a calidade das producións e a darlle unha maior visibilidade a estes producto