sábado 14.12.2019

O alumnado de cociña do IES Lagoa de Antela estará presente na Feira da Pataca de V. De Barrio

O domingo a partir dás 12:00 horas na 40 Festa da Pataca de Vilar de Barrio

Ofrecerán uns deliciosos bocados de chocolate denominados “ PEDRAS DE CHOLATE E PATACAS FRITAS” xunto co chef Flavio Morganti

2018100709213820200
2018100709213820200

Os ensinos de cociña e servizos que se imparten no IES Lagoa de Antela, en Xinzo de limia, preséntanse na “ feira dá pataca” que se celebra en Vilar de Barrio o próximo fin de semana. No mencionado instituto limián impártense o ciclo de F. P. Básico no que durante dous cursos académicos os alumnos reciben ensinos profesionais de cociña, no  primeiro curso, e servizos de cafetería e restaurante no segundo ano, así como procesos de actividades de cátering.

Estes ensinos profesionais compleméntanse con módulos xerais de idiomas, matemáticas, etc. Polo xeral, os alumnos que realizan estes cursos continúan por diversos itinerarios do sistema educativo cursando outros ciclos ou saltan ao mundo laboral.

20160211_104629O vindeiro domingo, co ánimo de completar a súa formación, como actividade extraescolar, os alumnos de segundo curso, xunto con Flavio Morganti, colaborarán  no desenvolvemento de actividades gastronómicas na “40 FESTA DÁ PATACA”. Así, ofrecerán uns deliciosos bocados de chocolate denominados “ PEDRAS DE CHOLATE E PATACAS FRITAS” e unha deliciosa “CREMA MORNA PARMENTIER CUN ACEITE RUBIO E CRUXENTE DE LISCOS”. Esta actividade conxuga as habilidades para a cociña e a arte de servir que se inculcan nestes ensinos.

Foto arquivo

Comentarios