martes 4/8/20

Alumnado do IES Aquis Querquernis (Baixa Limia) gaña o concurso Tíralle da Lingua

Alumnado do IES Aquis Querquernis (Baixa Limia) gaña o concurso Tíralle da Lingua

O pasado 13 de abril o compostelán Teatro Principal acolleu a final da 16ª edición do concurso de relato oralTíralle da Lingua. A organización correu a cargo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Contou coa participaron de alumnado de numerosos centros de ensino —que concursaron nos diferentes niveis educativos— de todo o territoiro galego.

Os representantes do IES Aquis Querquernis (da comarca da Baixa Limia) realizaron unha magnífica posta en escena das súas historias. Isto confirma o excelente nivel deste centro educativo, xa que, con diferenza, é o centro que máis premios leva acadado nos últimos anos neste certame.

O primeiro premio da categoría de 1º ciclo da ESO obtívoo Paula Senaz Feijoo (alumna de 1º). O segundo premio na categoría de 2º ciclo da ESO e Bacharelato obtívoo José Alejandro Gandarela González (alumno de 1º de Bac.).

 

Alumnado do IES Aquis Querquernis (Baixa Limia) gaña o concurso Tíralle da Lingua
Comentarios