AMPLIACIÓN DOS HORARIOS DE ATENCIÓN TURÍSTICA EN CELANOVA

Fachada_San_Salvador_de_Celanova
AMPLIACIÓN DOS HORARIOS DE ATENCIÓN TURÍSTICA EN CELANOVA

Con motivo do cambio de hora e ata outubro de 2018, a oficina de turismo do Concello de Celanova e os espazos atendidos por persoal da Fundación Curros Enríquez, como son a Casa dos Poetas e a Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, verán ampliados os seus horarios pola tarde.

Oficina de turismo de Celanova: martes a sábado de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Domingo e festivos de 11.00 a 14.00.

Casa dos Poetas: martes a sábado de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Festivos pechados.

Torre da Homenaxe: de mércores a venres, domingos e festivos de 17.00 a 20.00 e sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00

O aumento de horas de luz e o cambio da hora da misa da tarde tamén favorece que, como outros anos, se poida realizar a visita ó Mosteiro de San Salvador ás 18.00 horas. Polo que en total serán catro as saídas que partirán desde a oficina de turismo situada na Praza Maior, dunha duración aproximada de 50 minutos e que permite ver de forma guiada os espazos do claustro barroco, a capela de San Miguel así como o interior da igrexa, incluíndo a sancristía e o coro alto. Serán pois estas horas as dispoñibles:
Martes a sábado: 11.00, 12.30, 16.30 e 18.00
Domingos e festivos: 12.30

Estes horarios veranse reforzados nesta Semana Santa dado o aumento de visitas que se agardan para estas datas en Celanova. Tanto a oficina de turismo como a torre de Vilanova dos Infantes abrirán o xoves e venres todo o día e o domingo tamén ainda que só no caso da torre. Este mesmo reforzo se aplicará entre os meses de xuño e setembro e destacamos o 17 de maio, día en que todos os espazos estarán dispoñiibles para a súa visita tanto de mañá como de tarde, incluída a Casa dos Poetas.

Lembramos que se ofrecen visitas guiadas ó conxunto medieval de Vilanova dos Infantes que consisten nun percorrido guiado polas rúas da vila ata a Cova de San Vivián, onde tamén se atopa a sala etnográfica dos zapateiros. Estas visitas parten da torre da homenaxe e realizaranse dentro do horario de apertura indicado.