lunes 09.12.2019

Non podemos pasar de ver o video

A ANPA e as nenas e nenos do CEIP CARLOS CASARES fan un vídeo pola igualdade e contra a violencia
CEIP CARLOS CASARES
CEIP CARLOS CASARES

Dentro do proxecto Sementando Igualdade no Carlos Casares, financiado pola Secretaría xeral de Igualdade e o pacto de Estado contra a violencia de xénero, enmárcase o novo vídeo realizado pola ANPA xunto cos rapaces e rapazas do CEIP Carlos Casares.

Con moitas horas de traballo, esforzo e implicación, o resultado é un vídeo no que todos os participantes e colaboradores deixan claro que “teñen moito que dicir” e que “se queren libres”.

A ANPA transmitiu, ademais, o seu agradecemento a todo o profesorado e equipo directivo que se implicou no proxecto, así como ao grupo Cuarta Xusta polo uso da súa canción e a Iris de El ojo de Iris, que soubo plasmar en imaxes a idea que se tiña.

Para ver o vídeo completo, https://www.youtube.com/watch?v=UzVf7H4hqPo