Antonio Pérez "Chavelleiro" podería voltar nestas próximas eleccións do 28 de maio

Antonio Pérez (Foto de arquivo)
Antonio Pérez "Chavelleiro" podería voltar nestas próximas eleccións do 28 de maio

El Gobierno teme que la reforma del delito de malversación provoque rebajas de penas( El confidencial)

A semana pasada foi aprobada a reforma do delito de malversación proposta por ERC e acatada polo goberno de Sánchez e esta decisión pódelle facer perder a alcaldía ao PSOE en Xinzo.

Segundo puido saber dendealimia Antonio Pérez (Chavelleiro) pódese acoller a rebaixa da inhabilitación. Segundo o seu avogado, co cal mantivemos unha conversa telefónica, a partir do día 12 de Xaneiro, data na que entra en vigor a nova lei, vai solicitar a Audiencia Provincial a rebaixa da condena de 8 anos que lle impuxeron a Antonio Pérez.

Antonio Pérez
Antonio Pérez

Segundo manifesta o seu avogado, a Audiencia tería que resolver a solicitude nun prazo de 30 días, co cal antes de que se peche o prazo para presentar candidaturas para as municipais do 2023 podería estar liberado para poder presentarse.

Antonio Pérez non quixo facer manifestación ningunha con respecto a este tema. Di que leva xa máis de 6 anos sen facer declaración ningunha e vai a seguir na mesma postura.

MOITAS DÚBIDAS

No caso de que a audiencia tivera que revisar o seu caso por mor da nova lei e lle concederan a rebaixa, que quedaría en tan solo 4 anos, que xa os cumpriu, tería que dilucidar si presentar ou non as próximas eleccións. Pero non solo ten que dilucidar si se presenta ou non, se non que de tomar a decisión de presentarse, tería que decidir si o faría nas listas do PP ou como independente, cuestión esta que xa estaba nos “corrilos” políticos, iso si, ata agora, era solo apoiando unha lista independente, posto que aínda non podía facelo el.

COMPÁS DE ESPERA

Os prazos estarían moi axustados, pero a máis de un ou de unha lle vai entrar dor de cabeza, si ao final consigue a rebaixa e pode presentarse. Os afectados directos serían o PSOE e por que non dicilo, o PP, se decidira presentarse nunha lista independente.