domingo 29.03.2020
Continuan os efectos do "Terremoto" no Concello de Xinzo

Antonio (Toni) Fernández Veiga (PP): “QUE VAI A SER DE NÓS AGORA?”

Primeiras reaccións trala dimisión da alcaldesa de Xinzo
Antonio (Toni) Fernández Veiga (PP): “QUE VAI A SER DE NÓS AGORA?”

                               Aos poucos minutos  de producirse a noticia de calado da dimisión da Alcaldesa de Xinzo, da que demos conta esta mesma mañá, puxémonos en contacto co líder do grupo do PP no Concello, e que fora candidato a Alcaldía de esta vila, Antonio (Toni) Fernández Veiga.
A preguntas de este diario, afirmou:   xa tiña noticia dende onte, no momento de recibirse no rexistro a renuncia. Mostrouse totalmente desolado póla decisión, e a primeira reacción foi, ó mesmo tempo, unha reflexión en voz alta: “¿Que vai ser de nós agora?”.Para a renglón seguido, matizar que se
sentía moi a gusto ca actual Alcaldesa, que estaba a tratar de corrixir as carencias históricas do Concello, mostrando así mesmo a gran admiración que por ela ten, por estar a facelo con unha gran escaseza de medios materiais e financeiros, ante a situación en que se encontrou as arcas do Concello cando tomou posesión. “Fixo maxia cos escasos recursos de que dispuxo”, foi o comentario que sobre este punto fixo.
Por outra parte, e postos a fala con algún vello militante do PP, desde os tempos de AP, e aínda considerando a propia  Alcaldesa unha rival política, quixo transmitirlle por este medio os mellores desexos para esa nova etapa.
Iso si, tamén nos dixo: “Polo menos deixounos parcheada a Calle San Roque, que levaba tempo facéndolle falta. Ó resto tamén, pero o primeiro, é  o primeiro. Isto foi como cando toca o gordo de Nadal: Taparon algúns buratos, o resto que espere.”