lunes 10/8/20

Aparatoso accidente de tractor sen ningún ferido

Unha vez rescatado o tractor, marchou polo seu propio pe

Aparatoso accidente de tractor sen ningún ferido

Un veciño de Ganade as 4 da tarde saíuse da estrada en Ganade indo a parar a unha cuneta.

A pesar do aparatoso do accidente e de como quedou o tractor, o condutor non sufriu nin un raspuño. Os primeiros veciños que chegaron o lugar, temían que o condutor quedara atrapado debaixo da máquina.

62Todo quedou nun susto, porque ata o propio tractor, cando se puxo coas rodas na estrada, arrancou perfectamente e foi polo seu propio “pe”.

Ata o lugar do accidente desplazaronse  os bombeiros a policía local e os membros de protección civil de Xinzo.

Comentarios