A partir das 20:30 Asemblea de ProLimia

Feira do comercio 2021, organizada por ProLimia
A partir das 20:30 Asemblea de ProLimia
Esta tarde decidirase o futuro da asociación

Ás 20:30 horas os socios de ProLimia están convocados a asemblea Xeral na que

Entre outros temas, como son o peche das contas da campaña de S.Valentín e informe da situación da conta bancaria recolleranse as candidaturas presentadas para dirixir a asociación os próximos anos.

DE MOMENTO NINGUÉN ANUNCIOU CANDIDATURA

A estas horas, a xunta directiva non recolleu ningunha presentación de candidatura, aínda que se pode facer no momento de apertura da asemblea, para posteriormente facer a votación na mesma sesión.

De non haber candidaturas, o futuro da asociación podería estar outra vez no aire.

As membras da xunta directiva actual esperan que haxa outras persoas que se presenten para continuar co feito nestes últimos anos. Feitos que segundo os asistentes a reunión anterior valoraron moi positivamente.