Arrancou o torneo de fútbol solidario de NN.XX de Xinzo

65
Arrancou o torneo de fútbol solidario de NN.XX de Xinzo

8 equipos sub 16, 18 afeccionados e 4 veteranos

Na súa 4ª edición o torneo organizado polas NN.XX de Xinzo volveu a reunir equipos , non solo da comarca, se non de Verín e Ourense. Nesta edición non hai equipos de mulleres porque teñen previsto para setembro organizar outro torneo solo de equipos femininos.

XA HAI CAMPIÓNS SUB 16

Sporting Loureiro proclamouse campión na súa categoría recibindo tamén os trofeos de menos goleado e máximo goleador. No segundo posto quedaron os rapaces de Freande (Sarreaus)

AS FINAIS, MAÑA A TARDE

Despois de continuar o torneo ata a unha da madrugada de hoxe, mañá as 18,30 será a final dos veteranos e as 20,30 terá lugar o último partido que dará os campións e subcampións da categoría de afeccionados.

1400 Kg de Alimentos

A finalidade deste torneo ademais de facer deporte é a recollida de alimentos, que neste caso chegaron a 1.400 Kg, contando o que achegan os patrocinadores e máis os equipos. Todos estes alimentos (non perecederos) serán entregados unha vez que remate o torneo a Caritas de Xinzo.