Autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade

AutotestCoronavirus_607x398
Autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade
o feito de que o test personalice as respostas, a través de preguntas concretas, permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.
A Consellería de Sanidade vén de publicar, a través da páxina web https://coronavirus.sergas.es, que o Servizo Galego de Saúde dedica de xeito exclusivo ao coronavirus, un autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.
Coa posta en marcha deste test interactivo, elaborado por persoal sanitario, proporciónase á poboación un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus. Ademais o feito de que o test personalice as respostas, a través de preguntas concretas, permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.
Esta nova ferramenta de información e consulta, súmase a outras iniciativas relacionadas coa atención a esta enfermidade, xa postas en marcha desde Consellería de Sanidade, como o teléfono gratuíto 900 400 116 que nestes días incrementou a súa demanda asistencial ata nun 60%.
https://coronavirus.sergas.es/