"Se a Avenida de Celanova ten que esperar uns anos máis, pois terá que facelo"

ALTERNATIVAS CORTA ARBOLES
"Se a Avenida de Celanova ten que esperar uns anos máis, pois terá que facelo"

Se non hai outra alternativa para non cortar as árbores, o loxico sería facer primeiro o tramo de acceso á 525 dende a rotonda da estrada de Vilar de Santos.

Un membro da plataforma Amigos das Árbores da Limia, afirmou a dendealimia que si para comezar a circunvalación houbera que retrasar a reforma da rúa e non cortar as árbores habería que facelo.

A plataforma presentou como alternativa o facer primeiro o arranxo dende a rotonda da 525 a estrada de Celanova, segundo indican no plano.

Máis de 2.500 persoas contra a corta das árbores centenarias do Camiño de Santiago ao seu paso por Xinzo de Limia

A plataforma cidadá Amigas e Amigos das Árbores da Limia leva recollidas un total de 2.520 sinaturas que xa entregou ao Concello de Xinzo e á Xunta de Galicia. É outra iniciativa máis das que estamos levando a cabo para paralizar o inminente proxecto de acondicionamento da Avenida de Celanova que inclúe a corta de 56 plátanos dun cento de anos de antigüidade.

A citada avenida forma parte do Camiño Mozárabe-Vía da Prata do Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade e Itinerario Cultural Europeo, de xeito que a talla destas árbores entraría en contradición coas recomendacións da Guía de Boas Practicas do Camiño de Santiago.

Propoñemos alternativas

A solución ao tráfico pasa polo acondicionamento das circunvalacións xa existentes para que sexa posible o desvío dos vehículos pesados por fóra da vila. Hoxe en día os camións de grande tonelaxe non poden pasar por esas vías e se anchean a Avenida de Celanova como pretenden nunca farán estas necesarias circunvalacións e condenarán aos veciños e veciñas a soportar o paso do transporte pesado atravesando o medio de Xinzo de Limia.

(Adxuntamos o proxecto da Axencia Galega de Infraestructuras coas alternativas que propoñemos de mellora evitando a morte destas especies.)

Retirar espazos verdes para derivar o tráfico pesado polo centro dunha vila sería ir en contra dos proxectos urbanísticos que na actualidade se levan a cabo nos países máis desenvolvidos.