viernes 27/5/22
Vilar de Barrio-Vilar de Santos e Rairiz de Veiga entre eles

Axudas europeas para turismo na zona

Nove concellos da área de Allariz únense para optar ás axudas europeas para a posta en marcha dun plan turístico ao redor dos produtos de alimentación que se producen, transforman e comercializan na zona.
xuntanza-plan-turistico-allariz
xuntanza-plan-turistico-allariz

Nove concellos da área de Allariz presentarán de forma conxunta a súa candidatura á convocatoria do Plan de Sostebilidade Turística en Destino do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e financiados integramente con Fondos Europeros Next Generation. Antes da formalización da candidatura, membros do GDR Limia - Arnoia, que colabora cos nove concellos para a redacción do Plan e é a entidade solicitante da axuda, mantveron o pasado martes un encontro con representantes municipais dos nove concellos e do sector turístico que se celebrou no Centro de Promoción Económica de Allariz.

A principal idea deste ambicioso plan é a aposta polo desenvolvemento turístico ao redor dos produtos alimentarios de calidade que se producen, transforman e comercializan nos nove dos concellos que pertencen ao territorio do GDR Limia - Arnoia e que forman parte da Reserva da Biosfera da área de Allariz e do Xeodestino Allariz - A Maceda. Entre eles están: Allariz, A Bola, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda. Un dos obxectivos principais deste plan turístico é artellar todos aqueles mecanismos que axuden aos pequenos produtores a por en valor as súas explotacións e os seus produtos así como crear canles de comercialización interna. Desta forma, preténdese converter a zona nun referente para os sectores económicos relacionados co turismo. A Xunta Directiva do GDR Limia - Arnoia aprobou esta mañá dito plan que se formalizará nos vindeiros día