AS BANDAS DE XINZO, INTRATABLES

15.000 € como colaboración do Festival de Gaitas .Banda A- Escola Gaitas- Xinzo
AS BANDAS DE XINZO, INTRATABLES

Dous primeiros postos e un segundo

“Xinzo e a gaita son obxectos da miña devoción e hai na vida devocións cuxo culto non convén demorar” (José A. Hevia)

Todas as previsión víronse superadas en Xinzo de Limia. O Certame Celtibérico de Bandas converteu o concello na capital da gaita e milleiros de persoas foron testemuñas do seu éxito. A ocupación rozou o 100% nos hoteis de toda a comarca e a súa celebración durante toda a fin de semana deu tamén empuxe aos locais hostaleiros. O ambiente festivo foi constante nas rúas da vila e quedan no recordo grandes momentos para os veciños e veciñas, visitantes e para o preto dun milleiro de participantes. En total, case unha trintena de bandas tiveron en Xinzo de Limia un escenario para mostrar o seu talento. O grupo local deixou o listón altísimo e esta mañá conseguiu erixirse gañadora en dúas das catro categorías do Certame.

Banda de Gaitas ANTIOQUÍA-Xinzo
Banda de Gaitas ANTIOQUÍA-Xinzo

Máis en concreto, no primeiro grao proclamáronse gañadores en primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente, as bandas de Xinzo de Limia, Castro Bergidum (Ponferrada) e Nova Fronteira (Barbadás). En segundo grao o primeiro posto foi para a banda de SaoTiago de Cardielos (Portugal), Cidade de Antioquía de Ourense e Agarimo de Catabois –B de Ferrol. Os gañadores de terceiro grao foron Lembranza Solpor de Celanova, La Tarabica-Casa de Asturias de Guadarrama e a Ínsua de Caldelas de Tui. Por último, en cuarto grao os premiados foron a banda de Xinzo de Limia, Toxo Queimado (Lugo) e o grupo do Concello de Riós.

“Xinzo e a gaita son obxectos da miña devoción e hai na vida devocións cuxo culto non convén demorar” (José A. Hevia)

Músicos dunha decena de provincias de toda España e tamén de Portugal mostraron tamén o seu talento na primeira edición do Concurso de Gaitas&Percusión da Limia, un evento que contou con gran éxito e que terá continuidade.

Banda B- Escola de Gaitas- Xinzo
Banda B- Escola de Gaitas- Xinzo

Óscar Ibáñez, Arturo Lamas ou José Ángel Hevia foron algúns dos recoñecidos gaiteiros que se deron cita en Xinzo de Limia esta fin de semana. Hevia encargouse de dar o pregón e asegurou que “Xinzo e a gaita son obxectos da miña devoción e na vida hai devocións cuxo culto non convén demorar”.

Fernando Dopico, director da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia destacou a gran participación rexistrada neste Certame e a calidade demostrada polas bandas en todas as categorías. “Tamén quero felicitar aos seus integrantes pola súa elegancia e puntualidade”, engadiu.