jueves 09.04.2020

O bar Bandos de Xinzo organiza un campionato de tute

O bar Bandos de Xinzo organiza un campionato de tute

    Os que participen na partida poderán gañar ata 200 euros no caso de conseguir clasificarse como primeiros. A segunda parexa de clasificados recibirá 80 e a terceira  40.

As partidas de cartas poderán disputarse acompañadas dun bocadillo frío ou quente e por suposto unha bebida. 

O custe da inscrición son 20€ e pode efectuarse no propio bar situado na rúa do Peto, a carón da Estación de Autobuses de Xinzo de Limia.

O campionato dará comezo o venres 11 a partir das 21.30h.  

Comentarios