viernes 30/10/20

Bendita Locura lánzase á venda dos seus produtos por Internet

    Os tempos mudan e a xente cada vez está máis conectada por Internet. Este foi un dos motivos polos que esta tenda de Xinzo decidiu vender a súa mercancía pola rede. bendita

A través da súa páxina de Facebook, Bendita Locura expón a súa roupa e complementos. Os seus clientes poden ter a vantaxe de consultar tallas e prezos a través dunha mensaxe privada. 

Trátase dun comercio que está seguido recibindo novidades e contar cun escaparate online sérvelles para publicitarse. De feito, reciben poucas tallas de cada modelo o que fai que moita xente reserve online o seu pedido para recoller logo en tenda. bendia 4

Para premiar ós seus clientes, Bendita Locura fai envíos gratuítos por compras que superen os 50 euros. Tamén premian a fidelidade da súa xente cun sorteo de bonos para gastar en roupa, entre as persoas que lle dean a me gusta na súa páxina. 

Nestes días recibiron novidades para estas datas especiais como vestidos e longas faldas de festa para mulleres e paxarelas e camisas para homes. 

Comentarios