O BNG de Xinzo apoia a Sanidade Pública

Recollida de sinaturas en apoio a Sanidade Pública polo BNG de Xinzo
O BNG de Xinzo apoia a Sanidade Pública
As principais reivindiacións son o aumento de profesionais sanitarios para dar unha atención persoal ós e ás pacientes.
O líder do bng de Xinzo de Limia, Camilo Vila, estivo esta mañá acompañado por compañeiras e compañeiros informando á veciñanza da situación de ameaza
IMG-20221114-WA0011
Camilo Vila
da sanidade pública e recollendo sinaturas para defendela apoiando a ILP da plataforma SOS Sanidade Pública cuxa campaña ten chegado a todo o territorio galego. En apenas dúas horas cubriuse o cupo de apoios establecido e pasaron polo posto informativo situado nas inmediacións do Centro de Saúde arredor de 500 persoas, algunhas delas persoal sanitario, o que é valorado por Camilo Vila coma “un éxito da campaña e un orgullo de veciñanza e de profesionais”. Ante o interese xerado non se descartan outras accións da mesma natureza no sucesivo. As principais reivindiacións son o aumento de profesionais sanitarios para dar unha atención persoal ós e ás pacientes.