lunes 09.12.2019
NOTA DE PRENSA DO GRUPO POPULAR NO CONCELLO DE XINZO

"A boa herdanza e o bo facer do pasado, está cada vez máis presente en todos os ámbitos da nosa veciñanza"-Toni

Aínda que o novo Grupo de Goberno tratou, trate e tratará de negalo ou calumnialo; pero os feitos están aí neste case medio ano de novo goberno
"A boa herdanza e o bo facer do pasado, está cada  vez máis presente en todos os ámbitos da nosa veciñanza"-Toni

Unha boa herdanza e un bo facer é a futura circunvalación para a nosa vila. Xa empezaron os desterros do ensanchamento na zona do Zepetal que continuará pola zona Sitibal e o Bouzo.

O Grupo Municipal Popular, encabezado polo seu portavoz Antonio Fernández “Toni”, estivo visionando in situ o inicio destas obras, tan importantes para quitar o transporte pesado do centro da vila e mellora da circulación da mesma.

Unha boa herdanza e bo un facer con noso Goberno Autonómico, de máis de 2 millóns de €; ou as outras obras feitas ou presupostadas como o asfaltado do Parque Empresarial,  melloras Estación de Autobuses,  beirarrúas Av. de Madrid,  melloras  da Torre de Pena ou o Barrio de Abaixo.

foto para nota de prensa do PPOu outras negociacións que  o anterior  Grupo de Goberno, do Partido Popular, xestionaba coa Xunta:
.Mellora do Campo da Feira
.Mellora e acondicionamento da zona da báscula da rúa Rosalía de Castro
.Mellora do alumeado da Av. de Portugal
.Mellora do Grupo San Sebastián
.Acondicionamento como paseo peonil da marxe esquerda do río e mellora da marxe dereita
.Acondicionamento e mellora da Casa de Cultura
.Paseo peonil e de bici dende o núcleo urbano ata as instalacións da Moreira
.Mellorar e acondicionar con tartán a pista de atletismo da Moreira
.Un polideportivo anexo ao pavillón municipal para dar cabida a toda a demanda deportiva.

"A boa herdanza e o bo facer do pasado, está cada vez máis presente en todos os...