viernes 14/5/21

Os bombeiros confirman que o vertido é alquitrán mesturado con auga

Non puideron facer nada, posto que votar mais auga, solo faría chegar máis residuos ao rio

IMG_20210427_220830
Bombeiros inspecionando os vertidos

Sobre as 22h unha dotación con dous camións de bombeiros achegáronse ata o cruce da rúa Carmen Nóvoa  coa Sitibal e ponte de Lamas, avisados pola alcaldesa, segundo notificou o responsable de prensa, pero eles non puideron facer nada, posto que eles pensaban que o vertido era de aceite de algunha maquinaria.

Ao ser alquitrán mesturado con auga, se seguen a votar auga están agravando e levando máis materia ao rio.

IMG_20210427_202303

Aspecto da balsa de auga e vertido

A EMPRESA ESTIVO FACENDO UN REGO ASFÁLTICO AS 18,30

Un dos veciños comentoulle a dendealimia que esta tarde a empresa que está a facer os traballos nas pistas colindantes, como o anaco  ese estaba xa vello polo uso, fixeron un rego asfáltico líquido para que quedara todo como se fose asfaltado novo.  Niso botouse a chover e o resultado é o que se pode apreciar nas fotos.

AVISO A GARDA CIVIL

Despois de estar a Policía Local facendo o informe “in situ” Elvira Lama, continúa aclarando o responsable de prensa chamou a Garda Civil, recibindo a resposta que a aquelas horas, xa de noite, pouco se podía facer. Que mañá pola mañá desprazaranse ata Xinzo membros do SEPRONA para continuar a investigación.

IMG_20210427_220707

Os bombeiros pechando a rúa ao paso de vehículos