As bombonas para Xinzo, veñen de Maceda e Bande

butano
As bombonas para Xinzo, veñen de Maceda e Bande

OS NOVOS REPARTIDORES PREGUNTAN AOS VECIÑOS ONDE ESTÁN AS RÚAS

Fai unhas semanas a empresa que se encargaba do subministro das bombonas de gas butano durante os últimos 30 anos, deixouno de facer. Desde ese momento os responsábeis a nivel provincial encargáronlle o traballo a uns axentes que o facían en Maceda e en Bande. Nin que dicir ten que a infraestrutura e o volume de bombonas de cada unha das zonas non ten nada que ver coa de Xinzo e os seus pobos.

OS REPARTIDORES PREGUNTAN AOS VECIÑOS ONDE ESTÁN AS RÚAS

Unha das persoas que falou co dendealimia, manifestou que onte pola mañá un mesmo camión de reparto estivo preguntando a varios veciños onde se atopaba unha rúa de Xinzo.

A EMPRESA DI QUE TODO É MENTIR

butano
butano

Postos en contacto co telefono que indica o cartel dícennos que iso é mentira, que eles estaban, por exemplo repartindo hoxe os pedidos de onte, e de que o telefono está operativo.

Aos 15 segundos de nos chamar, comentámosllo a persoa que había denunciado os feitos en nome de varios veciños do edificio, volveu a chamar e o resultado é o que se pode ver nas capturas.

Ata un teléfono de pago, lle deron para chamar, cando se puxeron en contacto con Repsol Butano en Madrid, como se pode ver nas capturas dos teléfonos que nos enviaron.

Un membro de dendealimia.com, a semana pasada foi testigo das protestas de veciños por este tema nas oficinas que se encargaban do subministro anteriormente.