miércoles 11.12.2019
I.E.S. LAGOA DE ANTELA ESTARÁ PRESENTE EN ALIMAGRO 2019

BOMBÓNS DE PATACA E TURRÓN DE PATACA FRITA

Ciclo Formativo de Cociña e Restauración
Foto de arquivo
Foto de arquivo
No Salón ALIMAGRO, que se vai a celebrar en Xinzo de Limia os vindeiros días, os alumnos do Ciclo Formativo de Cociña e Restauración do I.E.S. LAGOA DE ANTELA, van participar realizando e presentando diversas elaboracións culinarias cuxo principal ingrediente é a pataca. Entre outras, destacar BOMBONES DE PATACA FRITA, TURRÓN DE PATACA FRITA, Bolos de vento de pataca , Patacas “ ao murro”, Torrija de pataca con xeado de castaña, así como cóteles e cup ou mesmo un novo SELF de AUGA DE PATACA. Esta actividade, encasillada dentro do programa formativo modular -servizos de bebida, elaboracións culinarias e preparacións de cátering- que comprende o ciclo, pretende ser unha práctica concreta e real que complemente a súa formación nos talleres de prácticas do centro.