martes 19/1/21

O Buzón de Papá Noel e os Reis xa está posto na praza Maior

A carón da árbore de Nadal e do moneco de neve

Este ano a praza Maior da vila de Xinzo, ten un atractivo máis, tanto para recoller as cartas que os cativos e cativas queiran deixar no Buzón como para retratarse a carón del e do conxunto que forman a árbore de Nadal, e o conxunto ornamental que lle tocou a este lugar.

Estase a espera de que levanten a exposición sobre os 100 anos da revista NOS, para colocar o resto de decoración de Nadal ao igual que xa está noutras prazas e recunchos da vila.