jueves 09.04.2020

O Café-Bar Monforte sortea catro entradas para o partido do Real Madrid fronte ó Espanyol

O encontro deportivo é o domingo 31 de xaneiro 

O Café-Bar Monforte sortea catro entradas para o partido do Real Madrid fronte ó Espanyol

    O Café-Bar Monforte premia á súa clientela co sorteo de catro entradas para asistir ó partido do Real Madrid fronte ó Espanyol. A cita deportiva terá  lugar o vindeiro domingo 31 ás 20.30h. 

Con cada consumición, o cliente recibirá unha rifa cun número. O sorteo celebrarase o venres 29 a partir das 21h no establecemento de hostalería. 

Todas e todos que desexen tentar á sorte e gozar de catro entradas de balde para o partido no estadio Santiago Bernabéu, poden achegarse ó longo desta semana polo local situado na rúa Curros Enríquez, en Xinzo de Limia. 

Comentarios