jueves 09.04.2020

O café Ítaca de Xinzo acolle a presentación de Ecoloxia Política: Olladas desde Galicia

O libro públicao Foro OBenComún e nel colaboran autores, especialistas e activistas sociais

O café Ítaca de Xinzo acolle a presentación de Ecoloxia Política: Olladas desde Galicia

    Ecoloxia Política: Olladas desde Galicia , é o terceiro libro que publica Foro OBen Común. Unha obra na que colaboran 17 autores, especialistas e activistas sociais.

A obra fai un repaso sobre a sociedade humana na actualidade,  que depende de alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursos minerais non enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fase de esgotamento. A Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano 2006 como o ano de superación do pico do petróleo convencional. A partir dese momento iníciase unha curva descendente na capacidade de extracción, que se pretende substituír con petróleo de fontes non convencionais como as areas bituminosas ou derivados froito do fracking. Outros investigadores sinalan o ano 2050 como a data na que a demanda de minerais como ouro, prata, chumbo, cinc, cobre ou níquel, será superior ás reservas totais dos mesmos.

O libro tamén recolle  o tema da crise e o capitalismo e o esgotamentos dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais. 

A presentación terá lugar na tarde do venres, ás 20h no bar Ítaca de Xinzo. Estarán presentes Xosé Santos, Pepa Vázquez e María Duran, tres dos seus autores. 

Comentarios