O cambio é completamente normal e mesmo o concello non ten outra alternativa

Antonio Pérez (Foto de arquivo)
O cambio é completamente normal e mesmo o concello non ten outra alternativa

Desta maneira contestaba Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia ao xornal La Región, despois de ter lido o escrito presentado no Concello pola portavoz socialista Elvira Lama. Continuou dicindo o rexidor que: houbo unha modificación da lexislación que que permitía legalizar fóra da ordenación a todas as actividades de uso comercial que cumpriran certos requisitos.

Creo que unha vez máis a portavoz dos socialistas non se entera de nada.